10 de xuño de 2024

O concello de Friol aproba unha subvención para o "Espazo das Familias"


Na Xunta de Goberno Local  celebrada con data de 3 de xuño de 2024, o concello de Friol acordou aprobar a concesión de unha subvención nominativa por importe de 1.388,30 euros para o desenvolvemento do proxecto "Espazo das Familias" que se ven realizando dende principio de ano nese concello. 

Participan, na actualidade un total de doce familias que se reúnen tódolos luns lectivos, pola tarde, no Centro Sociocolaborativo de Friol, coordinadas pola orientadora Cristina Feijóo.

Grazas á esta subvención outorgada polo concello para o ano 2024, as familias de Friol, interesadas en participar, ven reducida a cota económica correspondente.

Estamos xa na recta final do curso; estes días aproveitaremos para facer un resumo do traballado e para gozar do bo tempo. 

Despois tomaremos un descanso ata setembro, para voltar con novas propostas e moita, moita ilusión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario