O que fora Presidente da Fundación Preescolar na Casa, Alejandro Fernández Pumariño ven de ser galardonado co Premio de Humanidades José Castiñeira. Esta iniciativa está organizada polo Orfeón Lucense, a catedral de Lugo e o obispado de Lugo para recoñecer a persoas ou entidades que, pola súa traxectoria, disposición e dedicación, se distinguen polo seu labor humanístico, nas artes ou nas letras, en favor da convivencia social e na mellora das relacións humanas.
O xurado entregou o premio a Alejandro Fernández Pumariño "pola súa dedicación social e labor solidaria". Destacan o seu labor en Cáritas como presidente durante dezasete anos. Así mesmo, o galardón tamén recoñece a participación de Alejandro Fernández Pumariño como presidente da Fundación Preescolar en Casa.
Os que coñecemos a Alejandro e sabemos do seu bo facer estamos de noraboa: un premio ben merecido.
Deixamos aquí os seguintes enlaces do diario El Progreso:
El letrado lucense Pumariño recibe un premio por su gran labor social
(Foto de El Progreso)

Ningún comentario:
Publicar un comentario