A Área de Servizos Sociais do concello de Lugo ven de comunicar a esta Asociación a concesión de unha subvención por importe de 3.350 euros para o desenvolvemento do proxecto "Espazos das Familias" durante o ano 2025.
Esta axuda se enmarca dentro das subvencións a asociacións e persoas xurídico-pivadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos sociais durante o ano 2025.
Na actualidade se veñen desenvolvendo no concello de Lugo un total de oito espazos das familias, coa participación de setenta e seis familias con crianzas pequeniñas, que se reúnen tódalas semanas para falar, compartir, e mellorar a súa tarefa como nais e pais.
Dentro deste servizo, a asociación oferta un espazo de inclusión para tódalas aquelas familias en situación de risco social que o concello derive.

Ningún comentario:
Publicar un comentario