26 de nov. de 2025

Asinado convenio co concello de Becerreá

O concello de Becerreá ven de comunicarnos a concesión de unha subvención que axudará a sufragalos gastos orixinados pola execución do "Espazo das Familias" no concello de Becerreá durante este ano 2025. Grazas a esta axuda, as familias de Becerreá pagan unha cota reducida que facilita a participación nas nosas actividades.

Durante o curso 2024-2025 foron un total de oito as familias que viñeron participando semanalmente nos encontros semanais que tiveron lugar no Telecentro


"A importancia do xogo na natureza", "Os medos", "Fora cueiros", "As festas e tradicións", "A alimentación".... foron algúns dos temas tratados durantes o curso. Ademais, as familias poideron asistir a xornadas de formación que se celebraron na sede da Asociación , nas que se trataron distintos temas de interese para as nais e os pais, como, por exemplo "Benvidas queridas rabechas", "RCP Básica e nocións de primeiros auxilios pediátricos", "Teño medo"...

Un dos obxectivos dos "Espazos das Familias" é o coñecemento e aproveitamento da contorna proxima, para o que se organizaron distintas saídas nas que participaron as familias que o desexaron; o Spa de Vilalba, o MUVICLA, e Avifauna foron algunhas desas saídas. Tamén participaron en distintas festas e celebracións tradicionais como o Antroido, Os Maios e a Festa Xogueteira de Fin de Curso

Todas estas actividades non serían posibles sin a inestimable colaboración do concello e de outras entidades que apoian o traballo que vimos realizando en distintos concellos da nosa Comunidade Autónoma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario