26 de nov. de 2025

Asinado convenio co concello de Becerreá

O concello de Becerreá ven de comunicarnos a concesión de unha subvención que axudará a sufragalos gastos orixinados pola execución do "Espazo das Familias" no concello de Becerreá durante este ano 2025. Grazas a esta axuda, as familias de Becerreá pagan unha cota reducida que facilita a participación nas nosas actividades.

Durante o curso 2024-2025 foron un total de oito as familias que viñeron participando semanalmente nos encontros semanais que tiveron lugar no Telecentro


"A importancia do xogo na natureza", "Os medos", "Fora cueiros", "As festas e tradicións", "A alimentación".... foron algúns dos temas tratados durantes o curso. Ademais, as familias poideron asistir a xornadas de formación que se celebraron na sede da Asociación , nas que se trataron distintos temas de interese para as nais e os pais, como, por exemplo "Benvidas queridas rabechas", "RCP Básica e nocións de primeiros auxilios pediátricos", "Teño medo"...

Un dos obxectivos dos "Espazos das Familias" é o coñecemento e aproveitamento da contorna proxima, para o que se organizaron distintas saídas nas que participaron as familias que o desexaron; o Spa de Vilalba, o MUVICLA, e Avifauna foron algunhas desas saídas. Tamén participaron en distintas festas e celebracións tradicionais como o Antroido, Os Maios e a Festa Xogueteira de Fin de Curso

Todas estas actividades non serían posibles sin a inestimable colaboración do concello e de outras entidades que apoian o traballo que vimos realizando en distintos concellos da nosa Comunidade Autónoma.

28 de out. de 2025

Alejandro Fernández Pumariño, Premio de Humanidades José Castiñeira


O que fora Presidente da Fundación Preescolar na Casa, Alejandro Fernández Pumariño ven de ser galardonado co Premio de Humanidades José Castiñeira. Esta iniciativa está organizada polo Orfeón Lucense, a catedral de Lugo e o obispado de Lugo para recoñecer a persoas ou entidades que, pola súa traxectoria, disposición e dedicación, se distinguen polo seu labor humanístico, nas artes ou nas letras, en favor da convivencia social e na mellora das relacións humanas.

O xurado entregou o premio a Alejandro Fernández Pumariño "pola súa dedicación social e labor solidaria". Destacan o seu labor en Cáritas como presidente durante dezasete anos. Así mesmo, o galardón tamén recoñece a participación de Alejandro Fernández Pumariño como presidente da Fundación Preescolar en Casa.

Os que coñecemos a Alejandro e sabemos do seu bo facer estamos de noraboa: un premio ben merecido.

Deixamos aquí os seguintes enlaces do diario El Progreso:

El letrado lucense Pumariño recibe un premio por su gran labor social 

O silencio de Pumariño

(Foto de El Progreso)

Un roteiro de educación ambiental coa Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

A Asociación socio-educativa Antonio Gandoy en colaboración co distrito forestal IX Lugo-Sarria da Consellería de Medio Rural organizou hoxe un roteiro nos lagos de Teixeiro (Lugo) de dificultade baixa (1 km) e unha exhibición para os máis pequenos con motobomba e brigadas forestais.

Esta actividade gratuita para familias participantes nos Espazos da Asociación servíu tamén para agradecer o encomiable labor deses bombeiros forestais que tanto axudan a presrvar o noso patrimonio natural. Porque coñecer e coidar a natureza e o contorno máis próximo debe ser un dos obxectivos da educación.


27 de out. de 2025

Un verxel sensorial no horto da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy

Deixamos aquí un enlace a La Voz de Galicia onde se recolle unha actividade da nosa Asociación co apoio do programa de educación ambiental Voz Natura. Unha actividade que continuou na casa, xa que coas acelgas fixemos unha exquisita crema de verduras coa que nos chupamos os dedos. Un horto aromático que fixo a delicia de nenos, nenas e adultos.




27 de mar. de 2025

Xornada de formación na Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy: os medos na infancia

Este sábado 29 de marzo, a nosa compañeira Cristina Feijoo impartirá a xornada de formación: "Teño medo. Acompañando os medos da infancia respectuosamente", dirixida a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos. Será ás 11:00 h no local da Asociación.




28 de dec. de 2024

BO NADAL E FELIZ 2025



A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy deséxavos 

BO NADAL E FELIZ 2025

A educación é a arma máis poderosa para transformar o mundo 

(Nelson Mandela)

Que calen todas as armas menos esa.



26 de dec. de 2024

O concello de Arzúa aproba unha subvención para o desenvolver un Espazo das Familias durante o ano 2024

 Como ven sucedendo dende que a Asociación socioeducativa Antonio Gandoy tomou o relevo de Preescolar na Casa no desenvolvemento de proxectos encamiñados a promover no ámbito familiar unha educación que capacite á persoa para comprender a realidade, intervir nela e vivir en harmonía consigo mesmo, cos demais e coa natureza, o concello de Arzúa, ven de comunicar a concesión de unha subvención nominativa por importe de 1.700 euros para continuar levando a cabo un Espazo das Familias nese concello.


Grazas ao apoio económico dos concellos, as familias que forman parte dos Espazos das Familias ven reducida a súa cota trimestral, o que favorece a súa participación; así mesmo, aquelas familias que pasan un difícil momento económico, poden acadar a participación, mesmo de xeito gratuíto. Sin estas axudas das insitiucións municipais, non sería posible levar a cabo este proxecto, polo que é xusto manifestar a nosa gratitude.