As familias que participan nas actividades da nosa Asociación gozarán o Entroido no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros en colaboración co Concello de Lugo. Acompañaranos Cé Orquesta Pantasma nunha xornada conxunta de nenas, nenos e adultos, xornada de risa, aprendizaxe e socialización. Esperámosvos!!!
5 de feb. de 2024
15 de xan. de 2024
A Asociación Antonio Gandoy no diario El Progreso: UN LUGAR DE ENCONTRO PARA AS FAMILIAS
Podedes ler en El Progreso de 15.01.2024 un artigo sobre a nosa Asociación. Premendo aquí iredes ao Progreso dixital.
12 de xan. de 2024
Novo ano, novos Espazos das Familias
Comezamos con forza o 2024. Ademais dos Espazos existentes novos Espazos están en marcha, en concellos como Palas de Rei, Silleda e Friol. Aquí vai unha mostra:
23 de dec. de 2023
22 de dec. de 2023
O Concello de Arzúa concede unha subvención para o desenvolvemento dos Espazos das Familias
O importe da subvención ascende a 3.368,80 euros que axudarán a asumilos gastos de persoal e material empregado no desenvolvemento dos Espazos das Familias.
Na actualidade participan seis familias con crianzas menores de tres anos, que se reúnen tódolos martes lectivos, en horario de mañá, na Ludoteca de Arzúa.
Durante os anos 2022 e 2023, as familias demandaron formación sobre distintos temas relacionados coa crianza e a educación dos máis pequeniños da casa; así falaron e debateron sobre as emocións, as rabechas, introdución de novos alimentos, desenvolvemento motor, ... así como de outros temas relacionados lingua e cultura: o Samaín, o Entroido, as tradicións do Nadal, os Maios...
Tamén se realizaron saídas e excursións para coñecer a contorna máis próxima e ofrecer ás nenas e aos nenos novas experiencias de aprendizaxe.
Axudas como a outorgada polo concello de Arzúa fan posible que os proxectos deseñados pola Asociacións socioeducativa Antonio Gandoy sexan, efectivamente, levados a cabo.
4 de nov. de 2023
A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en Voz Natura
Deixámosvos esta reportaxe publicada na Voz de Galicia na que se pon en valor as actividades da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, neste caso, o proxecto "O Recuncho da Terra", que é como chamamos á actividade que se leva a cabo no horto que temos preparado xunto ao local da Asociación e no que nenos e grandes aprendemos a coñecer a natureza e a dar valor ao próximo.
Agradecemos a Voz Natura e á Voz de Galicia o interese mostrado polas nosas actividades.
3 de nov. de 2023
Celebrando o Samaín
Tradicións que se recuperan, festas, alegría, xuntanza, un pouco de sustos e un moito de risas, moito maxín.... Todo iso e moito máis e o Samaín, unha oportunidade verdadeiramente boa para que nenos e nenas, nai e pais, ... nos divirtamos xuntos ao mesmo tempo que medramos e aprendemos. Nos Espazos da Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy celebramos xuntos esta festa e animamos a todas e todos a celebrala igualmente.