A Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy acaba de arrincar, polo que os medios, tanto persoais como económicos, son escasos. Como todos os proxectos que nacen, o inicio é o máis difícil, pero confiamos no futuro. As ideas, ao igual que as ganas, son moitas. Queremos poñer en marcha unha morea de cousas que fagan que a nosa sociedade mellore, partindo das ideas de D. Antonio Gandoy, ideas e pensamentos que os que formamos a Asociación compartimos.
Agora mesmo, a Asociación está inmersa en:
- Organizar e inventariar todo o material producido por Preescolar na Casa ao longo dos seus 35 anos de experiencia educativa, para facilitarllo a todas aquelas persoas interesadas en coñecelo e estudalo.
- Deseñar, e a ser posible executar, programas de intervención educativa encamiñados a unha parentalidade positiva.