Colabora

PRECISAMOS A TÚA  AXUDA para poder acadar os nosos obxectivos en prol de unha sociedade galega máis xusta que teña en conta ós nenos e ás nenas e ás súas familias e para difundir unha cultura da infancia, das súas necesidades, potencialidades e dereitos, promovendo a creación de servizos de atención socio-educativa a familias de diferentes colectivos, promovendo a igualdade de oportunidades e fomentando o estudo, conservación e difusión da cultura galega.


Podes COLABORAR  como:
Socio numerario con unha achega anual de 40 euros: recibirás información de tódalas nosas actividades; tamén poderás contar cun servizo de asesoría na crianza da túa filla ou do teu fillo; e contarás con descontos especiais nas distintas actividades que se organicen.
Socio protector, facendo un donativo polo importe que desexes: esta achega permitirá desenvolver as actividades da asociación e podelas achegar ós sectores mais desfavorecidos.
Voluntario: precisamos xente disposta a traballar por unha sociedade máis igualitaria e xusta, que achegue ás familias a posibilidade de formarse para exercer a súa paternidade e a súa maternidade

Podes facerte Socio descargando este boletín e remitíndoo por correo ordinario á dirección postal que nel se indica. Así mesmo tes aquí a Orde de Domiciliación de Adeudo Directo.
Tamén podes facer un donativo (*) á conta da Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy é: ES77 2080 0101 5330 4005 8241 (NCG Banco) 

(*) A Asociación NON está declarada de utilidade pública por ser de recente creación e non ter aínda os dous anos de actividade requeridos para esto, polo que as doazóns de momento non poderán desgravar.