![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj0mYTUT3As76aoQ46VtmV04VIw67T-fFY4LXtaHpheRKbfvsvbk6Ps6VJuTIm0CVo0LYc6y9NmgRsxuTmV2V2uG2oljcv6iY2Jd7CThSBqNYwbBX1OebZVYiL9OCtvMLxVcFMUxda0D_c/s1600/Logo+Espazos+das+Familias.jpg)
Os profesionais da Asociación
Socio-educativa Antonio Gandoy (mestres, pedagogos e psicólogos con ampla
traxectoria educativa en Preescolar na Casa) deseñan actividades dirixidas a
reforzar as competencias parentais, así como a dar resposta ás diferentes
necesidades das nenas e dos nenos.
Estes Espazos
teñen unha periodicidade semanal, en sesións dunha hora e media de duración.
A continuación desta sesión, as familias disporán dun tempo individual para
aclarar dúbidas mediante unha titoría concertada.
Os Espazos das
Familias terán lugar en espazos públicos como colexios, centros sociais ou no
propio local da Asociación.
(Pica AQUÍ para ver o tríptico informativo desta actividade)
Ningún comentario:
Publicar un comentario