Festa Xogueteira

A Festa Xogueteira é un espazo e un tempo de ocio compartido entre nais e pais con nenos e nenas de 0-3 anos. Trátase dunha xornada de aprendizaxe estruturada por Espazos onde os máis pequenos poden desenvolver diferentes capacidades.

As orientadoras do proxecto educativo “Espazos das Familias” da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, encárganse do deseño das actividades e dos diferentes Espazos de xogo.

As diferentes actividades lúdicas están dirixidas ao fomento da investigación e exploración con diferentes materiais, distribuídos en recantos de xogo ou zonas organizadas por temáticas.

Entre os diferentes Espazos da Festa Xogueteira, atoparemos Espazos de construción, de motricidade, de música, de arte, de coordinación, ..., Espazos de manipulación para que nenos, nenas e familias gocen da mellor das maneiras, aprendendo.

Así, as familias acompañarán aos seus fillos polos diferentes Espazos, non existindo un tempo definido para permanecer en cada Espazo.

Picando AQUÍ podes ver un vídeo desta actividade. 
Picando AQUÍ podes visionar unha nova.
Picando AQUÍ podes ver unhas referencias en prensa da Festa Xogueteira.

QUE FACEMOS






Ningún comentario:

Publicar un comentario