17 de dec. de 2020

Bo Nadal e Feliz 2021

Agora que remata este raro 2020, no que tanta xente pasouno mal por moitos motivos, dende a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy queremos transmitir unha mensaxe de ánimo a todas e todos.

Don Antonio Gandoy, alma de Preescolar na Casa e motor da nosa Asociación, xa falaba alá polos principios dos anos 90 do concepto de resiliencia, da capacidade de afrontar a adversidade e por riba saír fortalecido. Trátase dun concepto parecido ao de resistencia, pero que vai un pouco máis aló, e que agora está moi de moda.  

Busquemos na vida os detalles que nos animen, as cousas que nos infundan esperanza. Toca, agora máis si cabe, buscar na vida eses pequenos detalles que nos axuden a ser máis resilientes. 

Nada hai como o sorriso dun neno ou dunha nena para infundir esperanza, esa esperanza que todos precisamos para vivir. Miremos aos nenos, miremos ás nenas e coidémolos da mellor das maneiras para que nos agasallen cos seus sorrisos, para que medren como "persoas capaces de vivir en harmonía consigo mesmos, cos demais e coa natureza"

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy deséxavos un BO NADAL E UN FELIZ 2020

Ningún comentario:

Publicar un comentario