8 de xan. de 2021

Retomamos a actividade

Un ano máis retomamos a actividade nun novo xaneiro, continuando co desenvolvemento dos Espazos das Familias, espazos de encontro e de parentalidade positiva, cada vez máis necesarios nestes tempos tan incertos que nos tocou vivir.

Esperando que se vaia solucionando esta problemática que afecta a todos e todas, acondicionamos o local da Asociación en Lugo para facilitar as medidas establecidas no protocolo Covid, onde xa se veñen realizadon os Espazos das Familias. Lembrade que si queredes participar, podedes poñervos en contacto coa Asociación.

Por outra banda, agradecemos unha vez máis as axudas das institucións que confían no noso traballo. O Concello de Lugo, así como a Deputación Provincial de Lugo, veñen de conceder sendas axudas que se suman a outras doutros Concellos de Galicia, e que fan máis doado o noso labor. GRAZAS de novo!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario