25 de xan. de 2021

A Deputación de Lugo coa Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

A Deputación de Lugo segue a apoiar o labor educativo da nosa Asociación.
Deixamos aquí o enlace onde a vicepresidenta Maite Ferreiro pon en valor o traballo da Asociación "que facilita que as familias poidan beneficiarse do apoio doutras nais e pais e de información sobre o desenvolvemento da infancia baseada no coñecemento e na investigación, algo moi necesario nunha sociedade dinámica que nos enfronta a cambios e retos continuamente"
Agradecemos á Deputación de Lugo a súa confianza no nosos proxecto.

(Na imaxe, a Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro con 
Luisa Rey, Presidenta da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Ningún comentario:

Publicar un comentario