15 de set. de 2022

¡Todo preparado!

 Comeza un novo curso e xa temos todo listo para atoparnos coas familias; coas que xa nos coñecen e coas que se incorporan a este proxecto.

O equipo de orientadoras mantivo no día de onte un encontro para a programación do curso, revisión de materiais, actualización de contidos... e tamén para compartir vivencias e aprendizaxes.

Con ilusión e forzas renovadas, volvemos a percorrer estradas e camiños que nos levan ao encontro das crianzas que son o noso futuro.

Si queres saber onde nos podes atopar, consulta o mapa; e si non estamos aínda no teu concello, non o dubides, ponte en contacto con nós e intentaremos solucionalo. 

Podes solicitar máis información no enderezo electrónico: antoniogandoyeducacion@gmail.com, ou nos teléfonos: 982 216 001  e  629 612 897

¡¡¡AGARDÁMOSTE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario