6 de abr. de 2023

Espazo das Familias en Becerreá

 No día de hoxe recibimos a comunicación, por parte do concello de Becerreá, da concesión de unha subvención por importe de 1.200 € para o desenvolvemento do Espazo das Familias semanal que está establecido neste concello.

Grazas á permanente colaboración do concello de Becerreá, podemos seguir ofertando ás familias con nenas e nenos menores de seis anos dos diversos pobos e parroquias que conforman o concello, a posibilidade de formarse, compartir, reflexionar, aprender, sobre a educación das nenas e dos nenos e o papel da familia en este proceso de aprendizaxe e desenvolvemento. 

É por iso que non podemos deixar de dar as gracias a quenes dende o concello manifestan o seu apoio ás nosas actividades e fan posible que ese apoio se materialice en esta axuda económica que, xunto á achega da Deputación Provincial, as cotas das persoas asociadas, e a cota das familias que participan, nos permite seguir adiante promovendo unha educación infantil familiar de calidade

Ningún comentario:

Publicar un comentario