Comezamos o mes
de maio coa visita, a MUVICLA (Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción
Agraria), o pasado mércores, día 3.

O MUVICLA está
situado na parroquia de Trasliste, concello de Láncara, na provincia de Lugo; e
alí acudiron as participantes nos Espazos das Familias dos concellos de
Baralla, Becerreá, O Corgo e Láncara, que coordina a nosa compañeira Gloria
Pazó.
As nenas e os nenos gozaron coas explicacións
que Marcos lles foi dando sobre a historia e o funcionamento dos
tractores que no Museo se expoñen, así como das tarefas para as que foi
construído cada un deles. Tamén poideron converterse por uns minutos en grandes
tractoristas, e experimentar a sensación que produce subir en máquina tan
grande e fachendosa; aínda que isto non o deben facer si o tractor está funcionando,
e sempre deben estar acompañados por un adulto.
Foi unha tarde ben divertida e con moitas
aprendizaxes. Grazas a Marcos e a toda a xente do MUVICLA polo ben que nos
recibiron e trataron, e o moito que nos ensinaron
Esta actividade, coma todas as que realiza a
Asociación socioeducativa Antonio Gandoy, non sería posible sen a achega económica
que realizan as familias, a Deputación de Lugo, e os concellos nos que traballamos, neste caso os
concellos de Baralla, Becerreá, O Corgo e Láncara
Volveremos en outra ocasión!
Ningún comentario:
Publicar un comentario