Nestes dous meses, a actividade O Son que me arrola, desenvolta pola Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy. estivo en varios concellos de Galicia, onde tamén se desenvolven os Espazos das Familias levados a cabo pola nosa Asociación.
Así, nenos, nenas e adultos dos concellos de Aranga, Frades, Mesía e O Corgo poideron gozar da música tradicional adaptada parada man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación, e da posibilidade deste espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.
A continuación poderedes ver algunha foto:
O pasado 11 de abril tivo lugar no CEIP A Castellana de Aranga.

O 25, en Frades, no cole de A Ponte
Carreira. (Pica aquí para ver nova en noticieirogalego.com)
Asímesmo, o 9 de
maio foi o concello de Mesía o que celebrou esta actividade, nunha dobre
sesión, en Xanceda e na Escola Unitaria de Visantoña.
O Son que me Arrola tamén estivo no colexio de O Corgo o día 30 de maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario