9 de xan. de 2015

Casas preciosas en Ribas de Sil

Un grupo de participantes no Espazo das Familias da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy de San Clodio-Ribas de Sil fixo en días pasados unha visita á casa de Chus, unha veciña tan, tan, “artista”, que constrúe maquetas de casas e de construccións antigas do seu Concello cun realismo e un nivel de detalle que chama a atención.

Unha experiencia moi gratificante, entre outras cousas porque da pé a coñecer o contorno máis próximo e o traballo creativo das persoas. Os ollos grandes de nenos e nenas gozaron destas casiñas dignas do mellor dos museos. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario