20 de feb. de 2015

Antroido no Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en San Clodio

Tamén en San Clodio, a orientadora da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy Pilar Veiga e pais, nais, nenos e nenas participantes no Espazo das Familias celebraron o Antroido preparando unha fermosa comparsa que aquí vos mostramos.

Porque o Antroido é unha festa especial. Trátase de música, de cores, de fantasía e, sobre todo, de imaxinación. No Antroido transformámonos en obxectos, transformámonos noutras persoas,  convertémonos en algo diferente, e deste xeito, poñemos a traballar o maxín.

E mantemos vivas as tradicións e os costumes gozando da festa e dos veciños.



Ningún comentario:

Publicar un comentario