3 de feb. de 2015

Preparando o Antroido

E vai chegando o Antroido paseniñamente. Nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, os participantes traen diferentes materiais e nenos e nenas, pouco a pouco, vanse animando. Algún, cun disfrace sinxelo, cunha peluca  ou cunhas simples gafas, outros, con traxes enteiros. Tamén hai quen non quere saber nada e non quere disfrace. Cadaquén debe vivir o Antroido como máis cómodo se sinta.

Pero é un tempo cheo de aprendizaxes e risas que debemos aproveitar na nosa tarefa educativa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario