31 de mar. de 2015

Sementando na Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Coa chegada da primavera, en diferentes Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy plantamos sementes. Esta actividade de manipulación achega aos máis pequenos ao contorno máis próximo, mentres observan cos seus ollos como as sementes cobran vida co paso do tempo. Unha aprendizaxe significativa que lles axudará a amar a natureza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario