30 de abr. de 2015

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy no XXIX Encontro Galego-Portugués de Educadoras e Educadores pola Paz

Os días 24, 25 e 26 de abril tivo lugar en Chantada o XXIX Encontro Galego-Portugués de Educadoras e Educadores pola Paz que levou o título "Convivencia e Benestar para o Século XXI: Experiencias e Recursos".

Alí estivo a nosa compañeira Doris Paz coa charla titulada "Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy: o reto de seguir camiñando". 

Doris enfocou o tema da resiliencia no traballo da Asociación, e presentouna como unha das accións educadoras comprometidas cun mundo máis xusto e pacífico.

Dende a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy queremos felicitar a Nova Escola Galega polo seu traballo a prol dunha educación xusta e solidaria ao longo de tantos anos e agradecemos que poña en valor á nosa Asociación como antes o facía con Preescolar na Casa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario