13 de abr. de 2015

Éxito de participación en Monforte de Lemos de O Son que me Arrola


O pasado 10 de Abril tivo lugar en Monforte de Lemos "O Son que me Arrola", organizado pola nosa Asociación, co obxectivo de achegar a música e a tradición a nenos e nenas e ás súas familias. No Salón de Actos do Centro Cívico, un numeroso público acadou este obxectivo a través de experimentar con diversos instrumentos e de cantar e bailar ao ritmo das melodías tradicionais que se propoñen nesta actividade pensada para gozar da música dende os primeiros anos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario