03/07/2015

A Festa Xogueteira da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en imaxes

Unhas fotiños da Festa Xogueteira de Lugo: imaxes da fermosa tarde que pasamos na compaña de nenos, nenas, pais e nais que gozaron dos diferentes recantos de actividades, así como dos contos e da música, que fixeron que pasaramos unha tarde de xogo e aprendizaxes que tardaremos en esquecer.

Lembrade que este domingo (5 de xullo) pola tarde estaremos no Concello de Frades, na Área Recreativa de Os Pasos - Alazo con esta mesma actividade. Alí vos esperamos.


Gozade dos fillos e do verán!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario