2 de set. de 2015

As forzas renovadas

Despois do descanso estival, volvemos ao traballo coas forzas renovadas e listos para continuar co traballo que define a nosa asociación: promover unha parentalidade positiva

Nas próximas datas comezaremos cos Espazos das Familias e con outras actividades.

Para mostra un botón, e é que xa temos confirmada a Festa Xogueteira dentro das actividades do San Froilán deste ano (proximamente darémosvos máis información).

Xa sabedes que podedes poñervos en contacto con nós picando aquí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario