22 de feb. de 2016

"Nin unha máis": a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy en contra da violencia de xénero

O Espazo das Familias de Becerreá da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy realizou un mural para protestar contra a violencia de xénero, unha lacra que a nosa sociedade debería erradicar dunha vez por todas.

E temos claro que unha das claves está en abordar estes temas a nivel educativo, co exemplo e coa formación. Nenos e nenas aprenden do que viven, e interiorizan actitudes e comportamentos que ven na casa. Dentro da nosa tarfea como pais e nais debe ser prioritario ofrecer modelos de comportamentos solidarios e respectuosos, así como berrar todos xuntos: NIN UNHA MÁIS!!.



Ningún comentario:

Publicar un comentario