29 de feb. de 2016

"O soño das raias", un conto editado pola Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

Doris Paz, compañeira da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, baseouse nun cadro do pintor lucense Antonio Murado para escribir "O sono das raias". Neste fermoso conto nárrase a viaxe que emprenden as raias dun cadro para vivir novas experiencias. A climatoloxía de Lugo, co vento e coa choiva de protagonistas, axúdanas nesta viaxe. Trátase dun conto moi axeitado para nenos e nenas, que fará voar a imaxinación de todos os lectores, que pode servir de instrumento para traballar a creatividade, esa capacidade tan necesaria hoxe en día.

Si vos queredes facer con el, poñédevos en contacto coa Asociación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario