14 de abr. de 2016

"A educación soñada na montaña", encontro de debate sobre o medio rural

Os vindeiros sábado 7 e domingo 8 de maio vai realizarse no CPI de Cervantes, nos Ancares lucenses, un novo ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL, evento dirixido a toda persoa interesada pola educación no medio rural galego (docentes, ANPAS, asociacións, concellos rurais, estudantes, etc).

A Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, ademais de participar na organización destas xornadas, oferta un servizo de atención aos nenos e nenas co fin de facilitar a asistencia de nais e pais ás mesmas.

Nesta edición, a novena, o tema sobre o que xirará boa parte da actividade será “A educación soñada na montaña”.

Porque o rural precisa do esforzo de todos nos para pervivir, gostaríanos contar coa túa presenza.


Máis información na web de Nova Escola Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario