2 de maio de 2016

Actividade con terra no Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy na Biblioteca Anxel Casal de Santiago

A terra é un material que a natureza pon á nosa disposición e que ten infinitas posibilidades. Podemos espertar moitos sentidos coa terra: ulir a terra, tocar a terra, escoitala dentro dunha botella de plástico, …, podemos encher e baleirar, podemos plantar unha semente,…

Todo isto e máis foi o que fixemos na Biblioteca AnxelCasal de Santiago, unha actividade con terra que comezou no exterior enchendo uns botes con este material. E por suposto, temos que preparar o Espazo para a manipulación e para que despois resulte sinxelo limpar. Unha actividade moi edificante. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario