16/05/2016

O Burro Trotón no Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Monfero

Ao Espazo das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy de Monfero achegouse o Burro Trotón. E xa se sabe: “as historias do Burro Trotón, sexan certas ou non, reclaman toda a nosa atención”. Porque escoitar contos e historias abre as portas da imaxinación e da creatividade.

E coa escusa do Burro Trotón, aproveitamos para deixarvos o poema, “O meu burriño”, de Manuel María, e a cantiga de Chirlo Merlo baseada neste texto. Manuel María é o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, que se celebrá mañá:



¡Arre, corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon!

¡Corre meu burriño;
non galopes, voa!
¡A ver si lle gañas
ao vento que zoa!

¡Arre meu burriño,
que es un preguiceiro!
¡A ver se lle gañas
ao vento lixeiro…!

¡Corre, meu burriño,
nos cascos pon ás!
¡Se queres, o vento
deixarás atrás…!

¡Arre, meu burriño!
¡Corre máis deprisa!
¡Que se perde o vento

xa verás que risa…!

Ningún comentario:

Publicar un comentario