21/09/2016

En marcha de novo

Outro curso máis, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy volve a estar en marcha con diferentes actividades, especialmente cos Espazos das Familias.

 Mapa de actuación Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy
Co fin de que teñades coñecemento dos concellos e lugares por onde andamos, neste momento, podedes consultar o Mapa de actuación.

Neste mapa poderedes consultar os diferentes Espazos das Familias que estamos a desenvolver, e no que observaremos dous tipos de marcas:

  • Verdes: reflicten onde terán lugar os diferentes Espazos das Familias: picando nelas aparecen os datos do lugar e a hora da presentación do Espazo.
  • Vermellas: reflicten os lugares onde os Espazos das Familias se iniciarán proximamente.

Este mapa de actuación irase actualizando a medida que se vaian concretando datas e lugares. 

Podedes poñervos en contacto con nós picando aquí. Informarémosvos do que precisedes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario