04/10/2016

O Son que me Arrola, da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy, no San Froilán 2016

Un ano máis, o Concello de Lugo considerou importante ter en conta á Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy para levar a cabo unha actividade dentro das festas do San Froilán.

Neste caso, será O Son que me Arrola, a actividade de música dirixida a familias, a que se desenvolverá o día 12, ás 19 h. , no Patio do Seminario, o escenario cotiá das actividades do San Froilán Míudo. Esperámosvos alí a todos.

Nesta proposta ofrécese a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular diferentes instrumentos de percusión como pandeiros, pandeiretas, bombos ou tarrañolas, e manipular outros construídos a partir de materiais de refugallo. Previamente heberá unha serie de cantos de berce, rimas e música que farán as delicias dos máis pequenos da casa.

Pica aquí para ver en que consiste a actividade.

Pica aquí para consultar o programa de festas do San Froilán 2016.




Ningún comentario:

Publicar un comentario