04/11/2016

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy na I Xornada de ANPAS galegas no rural

O vindeiro 19 de novembro a nosa Asociación estará na I Xornada de Anpas galegas no rural, ás 11:00 h na Estación científica do Courel da USC, en Seoane do Courel.

O tema marco da Xornada será "O ensino, integrador do desenvolvemento". Falarase do estado da educación do rural e de diferentes propostas e actividades, así como da importancia do ensino e da educación como factor integrador clave.

Neste enlace pode ver máis información deste evento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario