A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy estará rodeando a muralla de negro o día 25 de Novembro ás 13:00, nun acto enmarcado dentro da campaña EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA.
.
Alí, xunto con outras asociacións, clubes deportivos e centros educativos da nosa cidade, ademais de rodear a muralla, farase unha solta de globos en todas as portas do monumento, para tentar de poñer os focos sobre o problema da violencia machista, "a expresión máis extrema das desigualdades que viven as mulleres".
Neste enlace poderás ler o manifesto EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA e outras informacións sobre a Campaña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario