19 de dec. de 2016

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy no CIFP Porta da Auga

O martes 20 de decembro, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy estará no Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga en Ribadeo para falar aos alumnos e alumnas de Educación Infantil sobre a experiencia da Asociación e sobre Preescolar na Casa.

Agradecemos aos responsables do Centro o feito de contar coa nosa Asociación para completar a formación dos seus alumnos e alumnas.

Tamén, en próximas datas, estaremos no CIFP Portovello de Ourense para dar unha master class sobre a música na etapa de Educación Infantil. Proximamente darémosvos máis información.


Ningún comentario:

Publicar un comentario