16 de feb. de 2017

Agradecemento a Lois Ferradás

Deixamos aquí un enlace á revista Irimia onde se recolle unha entrevista a Lois Ferradás Blanco.

Lois Ferradás é un mestre que xunto con D. Antonio Gandoy e outras persoas preocupadas pola educación botaron a andar a Preescolar na Casa aló no ano 1977.

Posteriormente formou parte do Padroado da Fundación Preescolar na Casa, e sempre, ao longo da súa carreira estuvo vinculado á mellora da educación de Galicia. Transcribimos aquí as palabras sobre Preescolar na Casa:

"...Si, no ano 1977 Antonio Gandoy convídame para formar parte do primeiro equipo profesional de Preescolar na Casa, con Ermitas Fernández e Adela Vila. Foron doce anos con dedicación exclusiva e moitos máis con diversas colaboracións. Foi aí onde me fixen profesional, dando e recibindo. Durante máis de 30 anos “Preescolar na Casa” fixo unha contribución singular á educación no medio rural en Galicia; singular polo número de familias que participaban, máis de 2000 cada curso; por situarse no rural, daquela con máis dificultades para acceder aos servizos; por atender a primeira infancia; por basearse na participación competente das familias; por realizarse integramente en galego; por usar creativamente revista, radio e televisión. Preescolar na Casa foi un laboratorio e un difusor da mellor pedagoxía da primeira infancia no ámbito familiar que gozou de recoñecemento internacional, do que podemos sentirnos orgullosos. A xeira continúa..."

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy sempre estará en débeda coas persoas que no seu momento iniciaron e posteriormente desenvolveron o programa Preescolar na Casa, e que sempre estiveron comprometidos coa mellora da educación dos nenos e nenas de Galicia e das súas familias. 

Máis información:

Ningún comentario:

Publicar un comentario