5 de xuño de 2017

Unha festa para os sentidos: a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy na Queixería de Mántaras:

No Concello de Irixoa pasamos unha xornada do máis interesante: visitamos a queixería de Mántaras: dúas xeracións modélicas que son referencia de exitosos produtores artesáns.

Abriron as portas da súa exemplar fábrica para a nosa compañeira Alicia e os demais participantes do Espazo das Familias de Irixoa. 

Alí, nenos, nenas e adultos gozaron do proceso da produción de queixo. Tocar, ulir, e sobre todo saborear produtos de calidade como son os queixos e requeixos que alí se fan, son verbos que quedarán para sempre no recordo dos máis pequenos.

Parabéns e agradecementos a esta encantadora familia de Mántaras.




Ningún comentario:

Publicar un comentario