12 de out. de 2017

Homenaxe a María Wirtz

Non podemos deixar pasar a ocasión de mostrar a nosa alegría pola merecida homenaxe á nosa querida María Wirtz, así como as súas compañeiras María e Teresa. 

Eiradaxoana, Proxecto Comunitario de Recuperación e Posta en Valor da Cultura e Medio Ambiente Galego, homenaxea o vindeiro día 14 a estas monxas da Compañía de Maria, pola súa opción polo rural galego. Viviron en Bazar, aldea de Santa Comba, desde onde continuaron co seu compromiso de contribuír a construír un mundo máis xusto.

María Wirtz foi orientadora do programa Preescolar na Casa, e os que a coñecimos, aínda a lembramos con moito cariño polo seu compromiso coa educación e pola súa bondade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario