
A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy estará presente na Ofrenda floral ás vítimas de violencia de xénero e posteriormente na colocación de bandeirolas arredor da muralla mostrando así a indignación contra a violencia de xénero e loitando para acabar con este grave problema.
Porque acabar con esta lacra debe ser tarefa de todos e abordada dende todos os ámbitos da persoa. Deixamos un enlace á web de Nacións Unidas que fala deste Día.
Nós, no traballo diario da Asociación, insistimos na importancia da igualdade para que a sociedade prospere e para desenvolver totalmente todas as capacidades da persoa. Abaixo podedes ver dúas imaxes tomadas nos Espazos das Familias de Muros e Outes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario