27 de dec. de 2017

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy na Festa do Apego, en Santiago de Compostela

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy estará no Festival do Apego en Santiago de Compostela o vindeiro día 30 de decembro, nunha xornada especialmente deseñada para nenos e nenas ata seis anos e as súas familias.

Diferentes espectáculos de música e xogo, así como presentacións diversas de proxectos relacionados coa crianza respectuosa estarán presentes ese día no Auditorio de Galicia. 

Na imaxe podedes consultar o programa coas diferentes actividades e horarios (no cartel, a Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy aoparece como Preescolar na Casa). 

Louvamos este tipo de iniciativas, encamiñadas á parentalidade positiva, fomentadon o encontro e o goce dos mási pequenos da casa e as súas familias. 

Alí vos esperamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario