12 de xuño de 2018

Despedimos o curso en Ordes co Son que me Arroupa

En Mesón do Vento, Ordes, tivo lugar outra edición da actividade da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy para os participantes dos Espazos das Familias e para os máis pequenos do colexio, nun acto de peche do curso para os Espazos de Ordes e Santa Cruz de Montaos.

Con esta actividade que conxuga música e tradición dun xeito lúdico, pretendemos achegar aos máis pequenos a sensibilidade artística e os traxes e roupas da terra, nun tempo de lecer en que nenos, nenas e adultos gozan da música tradicional. 

Esperámosvos despois do verán.

Pica aquí para ver a nova desta sesión.


Ningún comentario:

Publicar un comentario