5 de xul. de 2018

Festa nos Espazos das Familias da Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy dos Espazos de Nemenzo, Sar e Montaos

O pasado 30 de xuño, en Nemezo, a nosa compañeira Cris Feijoó, coa colaboración activa das familia participantes dos Espazos de Sar e Nemenzo de Santiago, e Montaos, de Ordes, pechou o curso cunha festa chea de xogos, contos, risas e petiscos .

Non houbo choiva nin tronada que os detivera, e case 70 persoas encheron un local no que apenas quedaba sitio. Xeráronse vínculos, houbo mota complicidade e por riba, pasárono pipa. Adoptouse un conto no que participaban familias dos tres Espazos, nun traballo de equipo e colaboración que deu gusto ver.

E como non collían todos na foto, deixamos unha que nos fará a boca auga, de parte deses petiscos que alí se degustaron.

Esperamos que o curso que ven sexa tan intenso e gozoso como este que acaba de rematar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario