23 de dec. de 2018

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy deséxavos Bo Nadal



Os que formamos a Asociación socioeducativa Antonio Gandoy queremos desexarvos un BO NADAL E FELIZ 2019.

Desexos para todos e todas, para nenos e nenas, para pais e nais, para avós e avoas, para as familias, ... para todos os que fan posible o traballo da Asociación e para todos os que pensan que na educación está a clave para unha vida mellor e para unha sociedade máis libre, máis xusta e máis solidaria. 

Agora é o momento. Don Antonio Gandoy dicía: "Os nenos non agardan". 

PORQUE EN CADA NENA, EN CADA NENO, NACE DE NOVO A HUMANIDADE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario