
O Concello de Arzúa ven de comunicar a concesión de subvención nominativa á Asociación socioeducativa Antonio Gandoy para axudar a sufragalos gastos derivados da realización do Espazo das Familias que ten lugar na Ludoteca do concello tódolos martes en horario de 11'00 a 13'00 horas.
Neste Espazo as familias con crianzas menores de tres anos teñen a oportunidade de compartir, debater, reflexionar sobre a educación e o desenvolvemento tanto físico como emocional e social das nenas e dos nenos máis pequenos da casa.
Con actividades lúdicas, compartidas entre grandes e pequenos, achegámonos a unha práctica educativa consciente e reflexionada que axude aos nenos e ás nenas a madurar e medrar en harmonía consigo mesmos, cos demáis e coa natureza.
A cantidade concedida polo concello de Arzúa, con cargo á aplicación orzamentaria 231.48000, ascende a 1684,40 €.
Ningún comentario:
Publicar un comentario