2 de abr. de 2020

Contos para o confinamento I: "A Voar"

Para estes tempos de confinamento, deixámosvos un conto que Doris Paz, a nosa compañeira, narra baseándose no Libro-Cd "A Voar", de Cé Orquestra Pantasma e editado por Miudiño. Esperamos que vos guste.

Lembrade que os contos son unha porta aberta a mundos máxicos e a realidades diferentes da nosa, que teñen a incrible capacidade de facernos chegar aló onde fisicamente non podemos. 

A creatividade emerxe a través dos contos, e temos agora, vendo o lado positivo desta dramática e estrana situación que vivimos, unha excelente oportunidade de contar, ler e, en definitiva, de achegar os contos e a literatura aos máis pequenos.



Así mesmo, deixamos tamén un documento do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, Retrincos de cores, un caderno para traballar as emocións que nesta situación poden xurdir nos máis pequenos: "... É o mellor momento para facer todo o que axude a sentirse ben. Agora tócanos loitar contra ese coronavirus do que nos falan todo o tempo. As persoas maiores ensinámosvos a coidarvos para que non vos contaxien. Dicímosvos como hai que lavar as mans e moitas cousas máis. Queremos tamén ensinarvos a descubrir e coñecer as vosas emocións. Podemos sentir emocións distintas como enfado, alegría, medo ou inseguridade cando aparece algo inesperado..."


Ningún comentario:

Publicar un comentario