Establécense en Lugo, no local de Garaballa de Arriba, sete Espazos das Familias, e un Espazo máis en Santiago de Sáa. Grazas á axuda do Concello, que tamén cede as instalacións para levar a cabo as actividades, arredor de setenta familias reciben, semanalmente asesoramento, acompañamento e reforzo na tarefa de educar ás crianzas menores de seis anos.
Avogamos por unha crianza respectuosa cos ritmos de cada crianza, aproveitando a riqueza da nosa contorna e da nosa cultura e lingua, e poñendo en valor o papel das nais e dos pais no desenvolvemento integral das nosas nenas e dos nosos nenos.
Non sería posible levar a cabo os Espazos das Familias sen o apoio das distintas institucións: concellos, Deputación, ..., sen a forte implicación dos distintos profesionais tanto do ámbito social, como da educación ou mesmo da sanidade, e sen a confianza e apoio das familias que día a día se achegan a nós.
Por iso, o noso permanente e agradecemento e o compromiso de seguir traballando en favor do desenvolvemento integral positivo das nosas nenas e dos nosos nenos, que son o noso futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario