27 de mar. de 2024

O concello de Láncara aproba unha subvención para o desenvolvemento do Espazo das Familias en A Pobra de San Xíao

 


O Concello de Láncara e a Asociación socioeducativa Antonio Gandoy veñen de asinar o Convenio Regulador da subvención nominativa directa concedida para o desenvolvemento de un Espazo das Familias en A Pobra de San Xíao durante o ano 2024, por importe de 3.801,00 €

Grazas a este convenio, as familias do concello de Láncara con crianzas menores de seis anos poderán seguir participando, de maneira gratuíta, tódalas semanas lectivas, nas actividades deseñadas para as súas nenas e os seus nenos.

"Promover unha educación que capacite á persoa para comprender a realidade, intervir nela e vivir en harmonía consigo mesmo, cos demais e coa natureza." é o obxectivo fundamental que se persegue coas actividades deseñadas e das que as familias de  Láncara poden gozar grazas á achega económica realizada a través do nomeado Convenio


Ningún comentario:

Publicar un comentario