14 de maio de 2024

O maio na Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy

No exterior do local cedido polo Concello de Lugo da Asociaición Socioeducativa Antonio Gandoy de Lugo máis de 40 familias celebramos a festa dos Maios. As familias trouxeron ramos de flores, xestas, fiucho, ..., que foron colocando na estrutura preparada por Felipe e Puri, o pai e a nai de Mateo. A festa stivo animada polas cantigas e relatos de Branca Villars e Pablo Pintor. Pasamos xuntos unha fermosa tarde de festa, aprendizaxe e tradicións que quedará para sempre na memoria e no corazón. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario