25 de out. de 2013

O son que me arrola, unha actividade lúdica e musical para nenos e nenas menores de 3 anos e as súas familias

O xoves 31 de outubro, Día do Ensino, terá lugar na sede da Asociación socio-educativa Antonio Gandoy a actividade “O son que me arrola”,  unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis cativos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, retaílas, e a instrumentación.

Dirixida a nenas e nenos menores de tres anos, e mais ás súas familias, “O son que me arrola” ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados a partir de materiais de refugallo.

A actividade consta de dúas partes: a primeira dedicada á escoita, que durará 20 minutos; a segunda dedicada á exploración dos instrumentos ata un máximo de 1 hora.
Realizaranse dúas sesións para favorecer a participación de tódalas familias interesadas: ás 11'30 e ás 16'30

Prégase confirmar asistencia nos teléfonos 982-216-006 / 629-612-897/ 607-804-823

Esta actividade terá lugar o vindeiro día 31 de Outubro, en Garaballa de Arriba, 9 de Lugo

(Se picas na imaxe, verás o tríptico informativo desta actividade)

Ningún comentario:

Publicar un comentario