2 de nov. de 2013

"O Son que me Arrola", éxito de participación

Máis de 40 familias participaron este xoves nas dúas sesións da actividade "O Son que me Arrola", organizada pola Asociación socio-educativa Antonio Gandoy.

Pais, nais, nenos e nenas achegáronse á música tradicional galega experimentando e manipulando diferentes instrumentos, da man dos cantos de berce, das rimas e da exploración.


Ningún comentario:

Publicar un comentario